EN LOURENZÁ A FESTA NA PISCINA MUNICIPAL E A PRESENTACIÓN DO LIBRO DE MANUEL CANOSA, ACTIVIDADES DO PROGRAMA VERÁN NA PRAZA, CONTARON CON MOITA PARTICIPACIÓN

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, destaca o éxito de participación nas actividades do programa Verán na Praza celebradas a pasada fin de semana: a festa na piscina municipal, que houbo o venres, e a presentación do libro titulado Lope Sánchez de Moscoso, un vizconde no tempo de Enrique IV de Castela. Estudo histórico, análise e colección de documentos, escrito polo investigador e autor Manuel Canosa Trillo, evento que tivo lugar no salón de actos do Concello o sábado.

A festa na piscina foi organizada pola asociación Conde Santo e a presentación do libro promoveuna Patrimonio Laurentino. A rexedora municipal agradece a estes dous colectivos “a súa implicación e colaboración na organización destas actividades. Así mesmo queremos recoñecer o labor de todo o tecido asociativo do municipio, cuxa participación está a ser fundamental para o éxito da programación estival”.

O Concello de Lourenzá anima á veciñanza a continuar participando nas próximas actividades desta programación, que seguirá ofrecendo novas propostas para desfrutar do verán en comunidade.