LOURENZÁ ACOLLEU UNHA XORNADA DEDICADA AO KARATE

A práctica da disciplina de karate arranca con forza en Lourenzá, onde se celebrou este pasado sábado unha xornada en torno a este deporte.

De 11:00 a 13:30 horas tivo lugar no pavillón municipal de Lourenzá a práctica de kobudo, que é o manexo das armas de Okinawa, e pola tarde houbo unha masterclass de defensa persoal.

Asistiu á xornada o tenente de alcalde Javier Huertas, quen destacou “a importancia de contar con esta nova disciplina no calendario deportivo do municipio. Queremos  animar aos nen@s a coñecer o mundo do karate e iniciarse nesta modalidade deportiva que ensina aos nen@s a importancia do respecto, a disciplina, a humildade e o compañeirismo”.

Os mestres encargados de impartir a xornada foron Luis Beamud García (noveno dan de karate e especialista en defensa persoal) e o seu fillo José Luis (sétimo dan de karate e kobudo e varias veces campión de España).

Muchas personas buscan alternativas que no dependan del historial financiero tradicional. Los préstamos sin checar Buró de Crédito están pensados para quienes han tenido dificultades crediticias. La evaluación suele ser más flexible y rápida. Es una opción útil cuando otras puertas se cierran.

Esta xornada foi organizada polo  Club Shito Ryu A Mariña, a través de Eladio Esteban (sexto dan de karate e cuarto dan de kobudo), co apoio do Concello de Lourenzá.