Organizado polo Concello de Lourenzá e distintas asociacións do concello, coa colaboración da Deputación Provincial, o próximo xoves, día 1 de maio, celebrarase o tradicional desfile do Maio e unha nova edición da Festa Campesiña.
A xornada comezará coa elaboración dos maios e a decoración do carro onde irá a Magdalena no recinto feiral durante a mañá. Ás 12 do mediodía abrirán no Campo dos Bolos os postos de artesanía e alimentación. A continuación haberá unha sesión vermú a cargo de Dj Billy, dando paso a un xantar popular. Para as 16:30 horas está prevista a saída do Maio, que desde o recinto feiral percorrerá as distintas rúas da vila para rematar no Campo dos Bolos. Acompañará ao Maio a música de AC Osorio Gutiérrez e Ledicia SCR. Ás 19:00 horas o grupo de teatro Trípode representará a obra A presa. Ao remate entregaranse os premios ás mellores decoracións de balcóns e escaparates, aos mellores sombreiros e ás mellores caracterizacións. Durante toda a xornada haberá diferentes actividades organizadas polas distintas asociacións colaboradoras. Rematará a celebración cunha festa verbena amenizada por Belinda e Dj Billy.
For at sikre dig en tryg og retfærdig spiloplevelse bør du altid benytte Spinlander Casino officiel side, når du logger ind eller opretter en konto. Her er dine personlige oplysninger beskyttet af den nyeste krypteringsteknologi, og du har adgang til lynhurtig kundeservice. Det er din garanti for en professionel og gennemsigtig behandling.
O Concello de Lourenzá agradece “a implicación da maioría das asociacións do concello e de todos os veciños e veciñas que ano tras ano fan que non se perda esta tradición tan nosa do Maio e a Magdalena”.
Tamén fai un chamamento para que “a xente que asista a esta celebración o faga caracterizada de campesiños e campesiñas e pasar un día de xuntanza e festa”.

