Para celebrar o Día das Letras Galegas o Concello de Lourenzá organiza un espectáculo de maxia para público familiar.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello.
O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia.
Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
