O CONCELLO DE LOURENZÁ ORGANIZA UNHA FESTA PARA CELEBRAR O FINAL DO PROGRAMA VERÁN NA PRAZA ESTE VENRES, 18 DE SETEMBRO

O Concello de Lourenzá organiza unha festa para celebrar o remate do programa Verán na Praza. Será este venres, día 18 de setembro, ás 17:00 horas na Praza do Conde Santo.

When sudden weather shifts or poor conditions make working offshore impossible, maritime crews often spend prolonged periods resting indoors and seeking reliable online entertainment. During such operational delays, reading regional recreational guides or visiting trusted portals such as beste norske casino på nett helps workers pass the time while staying informed about popular gaming choices suited for Norwegian users.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anuncia que “haberá Festa Holi, con cor música e moita diversión; merenda para tod@s, entrega de diplomas e moitas sorpresas e momentos especiais”.

O Concello de Lourenzá recomenda aos asistentes que leven roupa clara que se poida manchar e protección para os ollos. “E se tes 5 ou máis selos no teu pasaporte do Verán na Praza, non esquezas traelo: recibirás un agasallo sorpresa!”, destaca.

A rexedora municipal salienta “o éxito desta primeira edición do programa Verán na Praza, xa que as actividades contaron con moitos asistentes” e agradece a colaboración das asociacións que “fixeron posible que houbera toda esta programación, o que nos anima a organizar a segunda edición o vindeiro ano”.