O Concello de Lourenzá vai realizar obras de renovación do chan da Ponte da Pedra, na entrada do casco urbano de Vilanova. As actuacións previstas comprenden a substitución das táboas de madeira actuais que se atopan en mal estado por tarima antideslizante. O presuposto supón un total de 13.500 euros e está financiado na súa totalidade por un convenio coa Deputación Provincial de Lugo.
A alcaldesa, Rocío López, que visitou a ponte co primeiro tenente de alcalde, Javier Huertas, explicou que “esta intervención vai permitir mellorar e reforzar o chan da pasarela e con iso a seguridade e accesibilidade para os peóns. A obra enmarcase dentro dunha serie de actuacións proxectadas para revalorizar e dignificar o municipio”. E destacou que é “un exemplo máis de como a colaboración entre institucións e fundamental para que os pobos medren e melloren servizos”.
