O CONCELLO DE LOURENZÁ SEGUE COAS ACTIVIDADES POLO 8M: O TALLER “AO SON DAS MULLERES”, QUE HOUBO ONTE EN SAN ADRIANO, FARASE ESTE VENRES EN SAN XURXO E O LUNS 16 EN VILANOVA.

Lourenzá, 10 de marzo de 2026. Onte, luns, celebrouse Escola de San Adriano o taller titulado Ao son das mulleres, unha actividade participativa impartida pola musicoterapeuta María Fuente, dentro da programación organizada polo Día Internacional da Muller. Continuará con dúas sesións máis: este venres, día 13 de marzo, no Local Social de San Xurxo de 17:00 a 18:00 horas e o vindeiro luns, 16 de marzo, no Multiusos Ponte de Cuñas (Vilanova) de 19:00 a 20:00 horas.

A alcaldesa, Rocío López, fai un balance positivo das actividades celebradas ata agora en Lourenzá para conmemorar o 8M porque “houbo bastante asistencia de xente, que acolleu moi ben os actos”.