A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anuncia que o Concello reitera á Consellería de Medio Ambiente a problemática que existe coas pombas no casco urbano de Vilanova.
“Dende o Concello de Lourenzá vimos de reiterar un escrito á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia referente ao problema existente coas pombas no casco urbano de Vilanova. É unha solicitude que xa enviáramos no seu día a esta consellería, da cal non recibimos aínda resposta. Tratábase dun acordo plenario aprobado por unanimidade, por os tres grupos políticos da corporación, ao cal demos traslado para que dende a Consellería de Medio Ambiente nos indicaran se é ou non unha praga e cal é o protocolo a seguir, para a súa erradicación ou control”, explica a rexedora municipal, que engade: “dende o Concello manifestamos unha vez máis toda a nosa predisposición a colaborar coa administración autonómica e tamén co Bispado para entre todos intentar buscar unha solución e erradicar dunha vez por todas esta problemática que tanto está a afectar ás vivendas e a outros edificios do casco urbano de Lourenzá”.