Novas
O campo a través de Lourenzá derrota ó temporal
Impresionante demostración de coraxe de todos os atletas que participaron hoxe no Campionato Comarcal de campo a través. Hoxe tod@s merecían medalla, e de OURO!!!
Informamos dos nosos fantásticos resultados:
BENXAMÍN FEMININO:
Hiba Bouyzar, Medalla de ouro (Campiona Comarcal)
BENXAMÍN MASCULINO:
Ayoub Khaled, Medalla de prata (Subcampión Comarcal)
O Punto de Atención á Infancia “Meniños” amplía o seu horario e a partir do 1 de febreiro funcionará de 8 a 20 horas ininterrompidamente. No pleno da corporación municipal cambiarase o regulamento para que os nenos poidan xantar no centro
Lourenzá, 18 de xaneiro de 2013. O punto de atención á infancia (PAI) Meniños, de Lourenzá, ampliará o seu horario de funcionamento a partir do 1 de febreiro e estará aberto de oito da mañá a oito da tarde ininterrompidamente. Este servizo está orientado ao coidado asistencial e educativo de nenos/as a partir dos 3 meses de idade, nunhas instalacións especificamente adaptadas para os primeiros anos da infancia.
O Concello de Lourenzá informa da aparición dun can perdido
O Concello de Lourenzá informa da aparición dun can perdido. Polo aspecto do animal é unha femia de raza Border Collie, que apareceu atrapada preto dunha presa no río Batán, na parroquia de San Xorxe, concretamente entre o lugar de Mazúa e Outeiro.
Foi rescatada por un veciño do lugar, pois do contrario, perecería atrapada sen posibilidade de sobrevivir. De momento está na casa deste home ata que apareza o dono e de non ser localizado o propietario farase cargo do animal o veciño que o rescatou.
Oito nenos resultaron premiados no Certame de Poesía de Nadal organizado pola Biblioteca Pública Municipal “Juana de Ibarbourou”
Lourenzá, 15 de xaneiro de 2014. Oito nenos e nenas resultaron premiados no certame de poesía da Nadal organizado pola biblioteca pública municipal “Juana de Ibarbourou”, de Lourenzá. Un dos galardóns quedou deserto.
O presidente de Sogama, Luís Lamas, ofrecerá unha charla sobre a reciclaxe de residuos no salón de actos da Casa de Cultura o día 29 de xaneiro. En Lourenzá colocaranse tres colectores para depositar o aceite doméstico usado
Lourenzá, 14 de xaneiro de 2013. O salón de actos da casa de cultura de Lourenzá acollerá o día 29 deste mes, martes, unha charla sobre a reciclaxe de residuos, que correrá a cargo do presidente de Sogama, Luis Lamas.
Os atletas con marca estarán o domingo no Galego de Pista cuberta en Riazor
O vindeiro domingo día 13 varios representantes das E.D. Lourenzá Mondoñedo representaranos no Campionato Galego de Pista Cuberta a celebrar na Coruña (Riazor) durante todo o día.
Os atletas clasificados son: Os benxamíns Fernando Vallines en peso, Ayoub Khaled en 50 e 1000 e Hiba Bouyzar en 1000.
Preto de 230 atletas na 1ª preparatoria de Campo a Través cítanse en Sta. Cruz
LOURENZÁ será un ano máis sede dos campionatos comarcais de campo a través.
A primeira proba (preparatoria) disputarase en Sta. Cruz este vindeiro sábado 12 de xaneiro, mentres que a clasificatoria para o campionato provincial terá lugar o sábado 19 de xaneiro.
Aberta a inscrición para participar nos cursos de galego dos niveis CELGA 1, 2, 3 e 4 que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística
Lourenzá, 10 de xaneiro de 2013. No Concello de Lourenzá está aberta a inscrición para participar nos cursos de galego dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4 que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Segundo a alcaldesa, Emma Álvarez, en caso de non chegar ao mínimo de 20 alumnos esixidos poderían unirse os Concellos de Trabada, Barreiros, O Valadouro, Alfoz e Lourenzá para que ditos cursos se impartan nesta zona, evitando así o desprazamento dos/as alumnos/as a Lugo.
Os interesados en participar no programa de Termalismo do Imserso poden solicitalo a través da traballadora social do Concello
Lourenzá, 8 de xaneiro de 2013. A traballadora social do Concello de Lourenzá tramita as solicitudes dos veciños do municipio que queiran participar no programa de termalismo do Imserso.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- 154
- 155
- …
- seguinte ›
- última »
