"A Verdina" e "A Galaica" PROTAGONIZAN A VI VAL DAS FABAS 2015
Faltan 54 días para que volva a ver a Luz unha das Carreiras con máis sabor popular de Galicia, formando parte do programa da tradicional Festa da Faba. Será o 3 de Outubro de 2015. Sábado. Ás 16:30 arrancará a proba para categorías menores e ás 17:30 fará o propio na Carreira Verdina e na Carreira Galaica: "Dous desafíos nunha carreira"
Ésta é a principal novedade coa que se presenta esta edición, a sexta xa da Popular Val das Fabas 2015.