O GOBERNO MUNICIPAL DESTACA QUE O CONCELLO PAGA AS FACTURAS AOS PROVEDORES NUNHA MEDIA DE 8,76 DÍAS
Despois do pleno da corporación municipal de Lourenzá celebrado hoxe o goberno local destacou que o Concello reduciu o período medio de pago das facturas aos provedores ata 8,76 días. Na sesión foi aprobado o presuposto municipal para este ano 2015, que ascende a 1.700.000 euros.