Novas

Novas do Concello

A armada laurentina, no Galego de Pista cuberta xuvenil e menores en Ourense!!!

Varios atletas das Escolas estarán representándonos este vindeiro fin de semana en Ourense:

En categoría xuvenil mañá sábado Claudia Graña nos 60 valados.

E xa o domingo as balas admitidas por marca que acudirán ó galego de menores son:

Izan Rivas: 60.

Manuel Rguez. 2000

David Martínez. Altura.

Aarón Millares. Altura.

Carlos Docampo. Altura.

Hugo López. Lonxitude e 500.

Fernando Vallines. Peso.

Ángela Rguez.. 50 e 500.

Sheila López. 50 e 500.

Sara Otero. 50.

Iria Rguez. 1000

Iria Otero. 2000.

O CONCELLO DE LOURENZÁ DÁ A COÑECER A CONVOCATORIA DOS PREMIOS SON MULLER 2018, DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DA PROVINCIA DE LUGO

O Concello de Lourenzá dá a coñecer a convocatoria da primeira edición dos premios Son Muller 2018, iniciativa que organiza a Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo.

Os premios Son Muller 2018 teñen tres categorías (Son Emprendedora, Son Empresaria e Son Empresaria Rural) e reparten un total de 3.000 euros, sendo os primeiros premios que se convocan en Lugo que renden homenaxe ás mulleres emprendedoras, empresarias e empresarias rurais.

AS SEGUNDAS XORNADAS DE HISTORIA LOCAL CONCELLO DE LOURENZÁ CELEBRARANSE OS DÍAS 2 E 3 DE MARZO

As segundas Xornadas de Historia Local Concello de Lourenzá celebraranse os días 2 e 3 de marzo, venres e sábado, no salón de actos municipal. O cartel do evento foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.

As xornadas darán comezo o venres 2 ás 19:30 horas coa inauguración a cargo do concelleiro de Cultura e a continuación terá lugar a conferencia titulada Lourenzá, orixe e evolución histórica, a cargo de Vidal Martínez-Sierra López.

DOMINGO DE PIÑATA EN LOURENZÁ

O entroido está a piques de comenzar, e en Lourenzá fixeron a presentación do cartel que anuncia o seu Domingo de piñata, o cal será o vindeiro 18 de Febreiro. Este desfile está organizado pola Asociación de Comerciantes industriais e Autónomos de Lourenzá (Acial) e o Concello de Lourenzá. Para a presentación do cartel estivo presente o Presidente da Asociación de Comerciantes, Javier Huertas Otero e a Tesoureira da Asociación Mª Fe de la Barrera, e por parte do Concello a alcaldesa de Lourenzá, Rocio López.

Varios Atletismo!!! Importantes!!!

As guerreiras cadetes, CUARTAS de Galicia de 16 Equipos en liza. Ademáis, Iria Rodríguez CAMPIONA da categoría Alevín Feminino. Cto. Galego Federado en A Rúa!!! Noraboa, Seguimos!!!

En Alevín Feminino;

Campionato Memorial Alejandro Lorenzo para Iria Rguez. sobre un percorrido de 1,5 kms.; con un tempo de 6:11. Segunda Ainara Fdez(Noia) e Terceira Elisa Morgado(Trega).

As Guerreiras Cadetes Feminino:

OS PREMIADOS NO CERTAME DE POESÍA DE NADAL DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE LOURENZÁ RECIBIRON OS SEUS AGASALLOS

Os premiados no certame de poesía de Nadal da biblioteca municipal de Lourenzá recibiron os seus agasallos, que consistiron en diplomas e material didáctico e foron entregados pola alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.

Os premiados son:

Na categoría B: Samir Tazaghart, de 9 anos; Marcos Rodríguez Lindín, de 9 anos; e Noemí Huertas Fornos, de 10 anos.

Na categoría C: Claudia Carril Cabaleiro, 12 anos.

Varios Sección Atletismo

Premio de 3600 euros para os atletas do Maderas Barcia Lourenzá con motivo das axudas individuais da Deputación polos méritos do ano 2016

Na relación publicada o pasado sábado no Bop provincial, varios dos esforzados atletas da sección de atletismo das Escolas reciben premio en metálico polos méritos deportivos alcanzados co Maderas Barcia Escolas Lourenzá na temporada 2016.

Éstes son os afortunados:

A SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAL ACOLLE ATA O DÍA 17 DESTE MES UNHA MOSTRA DE ILUSTRACIÓNS DE DIVERSOS ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá alberga ata o vindeiro día 17 deste mes unha mostra titulada Cartas de Amor. Trátase dunha exposición gráfica de ilustracións de quince artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade. As obras poden visitarse en horario de biblioteca: de luns a venres das 17:00 ás 20:00 horas.

Distribuir contido