Novas

Novas do Concello

A XANELA DO MAXÍN REPRESENTARÁ O ESPECTÁCULO “DENDE ROSALÍA ATA AS CANTAREIRAS” EN LOURENZÁ O 14 DE MAIO.

Lourenzá, 9 de maio de 2025. Co gallo da celebración das Letras Galegas, a Biblioteca Municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, organiza, dentro do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia, o espectáculo titulado Dende Rosalía ata as Cantareiras (Letras Galegas 2025), a cargo da compañía de teatro A Xanela do Maxín. Será o día 14 de maio, mércores, ás 19 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá.

O CONCELLO FELICITA AO CANTANTE LAURENTINO JONYDASVIE PORQUE FOI PRESELECCIONADO PARA OPTAR A REPRESENTAR Á SAN MARINO EN EUROVISIÓN

O Concello de Lourenzá, por medio da súa alcaldesa, Rocío López, felicita ao cantante laurentino Jonydasvie (Jonathan Dasilva) porque acaba de ser preseleccionado para participar no festival no que se elixe ao representante da República de San Marino en Eurovisión 2025, que se celebrará en maio en Basilea (Suiza). Está na fase previa á semifinal e participará desde A Coruña este xoves.

A PRAZA DO CONDE SANTO ACOLLE UNHA NOVA EDICIÓN DA VILA DE NADAL ELABORADA ARTESANALMENTE, CON MÁIS ESCEAS E FIGURAS QUE O ANO PASADO

A Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, acolle unha nova edición da Vila de Nadal elaborada artesanalmente, que conta con máis escenas e figuras que o ano pasado.

A alcaldesa, Rocío López, conta que “neste 2024 incorporamos varias escenas novas como a botica, a xastrería, a taberna e o panadeiro, que se unen ao resto de oficios ou costumes da nosa vida como a matanza do porco do ano pasado ou a escola rural, por poñer so uns exemplos”.

Distribuir contido