OSCAR BUJÁN, FICHAXE ESTRELA DO ATLETISMO LOURENZÁ PARA ESTA PRÓXIMA TEMPADA 2015-2016
A concreción dunha gran fichaxe para a tempada 2015-2016.
Durante a carreira de hoxe en Foz, Oscar Buján (subcampión mundial de duathlon) comprometeuse a correr coa nosa camiseta. Todo un éxito para un club, que malia a súa xuventude e filosofía optou por dar un salto de calidade. É unha honra para nós compartir un equipo cun corredor do seu talle que defende as cores da selección española, e profesionalmente compite na liga francesa desta especialidade.