Novas

Novas do Concello

A HISTORIA DE LOURENZÁ PROTAGONIZARÁ UNHA NOVA ACTIVIDADE DO PROGRAMA VERÁN NA PRAZA, COA PRESENTACIÓN DUN LIBRO DE MANUEL CANOSA TRILLO ESTE SÁBADO, 15 DE AGOSTO

O programa Verán na Praza continúa coa súa programación cultural cunha nova proposta vinculada á historia e ao patrimonio local. Nesta ocasión, a Asociación Patrimonio Laurentino organiza a presentación do libro titulado Lope Sánchez de Moscoso, un vizconde no tempo de Enrique IV de Castela. Estudo histórico, análise e colección de documentos, do investigador e autor Manuel Canosa Trillo.

A PRAZA DO CONDE SANTO ACOLLEU UNHA EXITOSA XORNADA DE SEGURIDADE VIARIA DENTRO DO PROGRAMA VERÁN NA PRAZA

A praza do Conde Santo acolleu onte, mércores, unha nova actividade enmarcada no programa Verán na Praza, unha iniciativa impulsada por primeira vez polo Concello de Lourenzá en colaboración co tecido asociativo do municipio. Nesta ocasión a actividade estivo dedicada á seguridade viaria e reuniu a numerosos nenos e nenas, acompañados das súas familias, nunha xornada que “resultou todo un éxito de participación.

O CANTÓN DE LOURENZÁ ACOLLERÁ O EVENTO “VILOU BEER” O VENRES 31 DE XULLO

O Concello de Lourenzá anuncia que o día 31 de xullo, venres, desde as 19:30 horas no Cantón, de Vilanova de Lourenzá, celebrarase o evento Vilou Beer, organizado pola asociación Conde Santo.

A música estará a cargo da Charanga A Bicoia e de DJ Dani Rego, presentarase o cartel das Festas do Conde Santo 2026 e degustarase churrasco, panceta, bolos preñados e cervexas internacionais. Ademais haberá xogos cervexeiros e colchonetas.

A asociación Conde Santo anima a todos “a asistir e participar nesta cita xa consolidada no calendario do verán laurentino”.

O PROGRAMA VERÁN NA PRAZA ENCHE DE ACTIVIDADE A PRAZA DO CONDE SANTO CUNHA GRAN PARTICIPACIÓN NAS PROPOSTAS DO MÉRCORES

O Concello de Lourenzá destaca que programa Verán na Praza viviu onte, mércores, unha  xornada moi participativa na Praza do Conde Santo, “cunha excelente acollida por parte da veciñanza e das persoas visitantes. As dúas actividades programadas foron todo un éxito de participación, confirmando unha vez máis o interese que esperta esta programación estival”.

A SEGUNDA ACTIVIDADE DA PROGRAMACIÓN VERÁN NA PRAZA FOI UNHA MULTITUDINARIA CLASE DE BAILE TRADICIONAL.

Lourenzá, 16 de xullo de 2026. O Concello de Lourenzá celebrou onte, mércores, a segunda actividade da programación Verán na Praza, unha clase interactiva de baile tradicional galego que reuniu a numerosos veciños e visitantes na Praza do Conde Santo, “converténdose nunha auténtica xornada de convivencia arredor da nosa cultura”, destaca a alcaldesa, Rocío López, que ademais explica que “durante a actividade, organizada en colaboración coa Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, os participantes tiveron a oportunidade de iniciarse no baile tradicional, aprende

Distribuir contido