Novas
A ALCALDESA PARTICIPOU NA MANIFESTACIÓN CELEBRADA HOXE EN SANTIAGO EN DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, participou na manifestación celebrada hoxe en Santiago de Compostela en defensa do sector lácteo.
A ALCADESA LEMBRA QUE COA ANTERIOR REXEDORA MUNICIPAL A OPOSICIÓN NON ESTABA REPRESENTADA NOS ÓRGANOS COLEXIADOS NIN NOUTRAS CUESTIÓNS DE INTERESE PARA OS VECIÑOS
Con respecto ao pleno extraordinario da corporación municipal celebrado onte, a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, lembrou hoxe que coa anterior rexedora municipal a oposición non estaba representada nos órganos colexiados nin noutras cuestións de interese para os veciños.
O CONCELLO REDUCE AS INDEMNIZACIÓNS POR GASTOS DE DESPRAZAMENTO DOS CONCELLEIROS E OS PLENOS DA CORPORACIÓN CELEBRARANSE CADA DOUS MESES ÁS OITO DA TARDE
No pleno extraordinario da corporación municipal de Lourenzá que se celebrará esta tarde trataranse as propostas da alcaldesa, Rocío López García, para reducir as indemnizacións por gastos de desprazamento dos concelleiros e a periodicidade das sesións plenarias da corporación, que se celebrarán cada dous meses ás oito tarde.
A rexedora explicou que os plenos ordinarios da corporación municipal convocaranse para o terceiro xoves dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro ás 20 horas.
A ALCALDESA CONSIDERA INXUSTA A CENTRALIZACIÓN DOS EXAMES TEÓRICOS PARA O CARNÉ DE CONDUCIR EN LUGO PORQUE SUPÓN UN INCONVENIENTE PARA OS ALUMNOS DA MARIÑA E O DESMANTELAMENTO DUN SERVIZO NA COMARCA
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, considera inxusta a centralización dos exames teóricos para o carné de conducir en Lugo porque supón un inconveniente para moitas das persoas da Mariña que teñan que desprazarse á capital da provincia para facer esa proba.
GRANDES ACTUACIÓNS DE JAVIER PEIXE E ULLRICH BASANTA
Este sábado pasado día 11 de xullo o equipo disputou o Gran Premio "Concello de Oleiros" organizado polo CCCambre, no bosque o lado da playa de Bastiagueiro.
Nesta ocasion acudiron a cita Javier Peixe e Juan Jose Longarela Garcia , peixe fixo unha gran carreira o quedar cuarto en Master 40 nun circuito moi bonito e tamen moi duro , Longarela sigue ca mala sorte e despois de unha caida veuse obligado a abandonar.
ANA VALLINES GANA A PRESTIXIOSA IV CORRESAN NOCTURNA "CIDADE VELLA" DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O pasado sábado día 11 de xullo Ana Vallines Fdez. impoñíase na prestixiosa Corresan Santiaguesa na Categoría Infantil Feminina sobre unha distancia de 2,200 con un tempo de 7,15 a un ritmo de 3,18 o kilómetro.
Na segunda posición remataba Marta Vilas do Riazor Coruña e en terceiro lugar Marta Budiño do Universidade de Santiago.
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO QUE SE CELEBRARÁ ESTE XOVES, 16 DE XULLO, NO CONCELLO DE LOURENZÁ
Orde do día do pleno extraordinario que se celebrará este xoves, 16 de xullo, no Concello de Lourenzá
PUBLICADAS NO PERFIL DO CONTRATANTE AS SELECCIÓNS DE DIRECTOR E PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO "SERRA DA CADEIRA II"
INAUGURADAS A ESCOLA DE VERÁN E AS NOITES ALTERNATIVAS PARA O PÚBLICO INFANTIL E XUVENIL
Lourenzá, 14 de xullo de 2015. O Concello de Lourenzá inaugurou as actividades propostas dentro dos programas Escola de Verán e Noites Alternativas, que se desenvolven dende onte ata a primeira quincena do mes de setembro. Estas iniciativas son posibles grazas a un acordo de colaboración subscrito co Ximnasio Municipal e ofertan unha serie de actividades de tempo libre para os rapaces, xogos e obradoiros cos que aproveitar as horas do verán.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- …
- seguinte ›
- última »