Novas
A AULA DE FORMACIÓN DO MERCADO GANDEIRO ACOLLE UN CURSO DE TEAR CON DEZ PARTICIPANTES. REMATARÁ O DÍA 13 DESTE MES
Lourenzá, 4 de novembro de 2013. A aula de formación do mercado gandeiro de Lourenzá acolle un curso de tear promovido pola Deputación Provincial de Lugo. Conta con dez participantes e rematará o día 13 deste mes de novembro.
Esta actividade formativa, que está sendo impartida por Noela Feal Jiménez, desenvólvese os martes e os venres e terá unha duración total de 42 horas.
REMATOU A IV REI CINTOLO CON ÉXITO DE PARTICIPACIÓN, CON MÁIS DE 150 PARTICIPANTES O QUE FIXO DOBRAR O NÚMERO DA ANTERIOR CO QUE SE DESBORDARON AS PREVISIÓNS INICIAIS
Rematou a IV Rei Cintolo con éxito de participación, con máis de 150 participantes o que fixo dobrar o número da anterior co que se desbordaron as previsións iniciais.
Resultados:
1 - Manuel Carrelo Magadán. Taramundi. C. De Vela Castropol
2 - Marcos Vale García. Viveiro. Peña Ciclista Lar.
3 - Manuel Rey García. Nosportlimit-Treck-Galicia. A Coruña.
Premio ó máis veterano:
- Rosendo Fdez. Méndez. El Franco. Club de Vela Castropol.
Premio ó máis novo:
Gonzalo Pérez Fdez
O CONCELLO PRESENTARÁ TRES ALEGACIÓNS AO PROXECTO DE DELIMITACIÓN DO CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO. SOLICITA QUE NON SUPOÑA MÁIS RESTRICIÓNS PARA A EXPLOTACIÓN FORESTAL, QUE SE CONSTRÚA UN ALBERGUE NA ANTIGA CASA REITORAL DE SANTO TOMÉ
Lourenzá, 1 de novembro de 2013. O Concello de Lourenzá presentará tres alegacións ao proxecto de delimitación do Camiño Norte de Santiago para solicitar que non supoña más restricións para a explotación forestal, que se constrúa un albergue na antiga casa reitoral de Santo Tomé e que non se habilite unha variante marítima na ruta xacobea do Norte. Anunciouno hoxe a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao.
XESÚS VÁZQUEZ ABAD INAUGURA A MOSTRA ‘FERNÁNDEZ DEL RIEGO, COS OLLOS DO ESPRÍTO’ NO CONCELLO LUCENSE DE LOURENZÁ
Lourenzá (Lugo), 2 de novembro de 2013. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe a exposición ‘Fernández del Riego, cos ollos do espírito. Centenario do nacemento 1013-2013’, que estará aberta ata o vindeiro día 15 nas dependencias do concello lucense de Vilanova de Lourenzá.
A CHARLA SOBRE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO QUE SE CELEBRARÁ ESTE SÁBADO CONTARÁ CON TRES PARTICIPANTES: MANUEL ROMÁN, FRANCISCO DOMÍNGUEZ E XOSE LUIS ANXEMIL
Lourenzá, 31 de outubro de 2013. A charla coloquio sobre Francisco Fernández del Riego que se celebrará este sábado, día 2 de novembro, no salón de actos da casa de cultura de Lourenzá contará con tres participantes: o escritor Manuel Román; o director da Fundación Penzol, Francisco Domínguez; e Xosé Luis Anxemil, membro do equipo de coordinación lingüística da Xunta de Galicia en Lugo. Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane.
O CONCELLO ANUNCIA QUE ATA O 25 DE NOVEMBRO ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA XUNTOS POLO NADAL, PARA MAIORES QUE ESTEAN SEN COMPAÑÍA
Lourenzá, 31 de outubro de 2013. O Concello de Lourenzá anuncia que ata o día 25 de novembro está aberto o prazo de inscrición para participar no programa Xuntos polo Nadal, para maiores que estean sen compañía nesas datas festivas.
A ALCALDESA DE LOURENZÁ CLAUSUROU UN CURSO DE INFORMÁTICA ORGANIZADO POLO CONCELLO E FINANCIADO POLA ASOCIACIÓN AGRARIA XÓVENES AGRICULTORES
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, clausurou un curso de informática organizado polo Concello e financiado pola asociación agraria Xóvenes Agricultores. Nesta actividade formativa participaron 15 persoas de diferentes idades.
NA SECCIÓN DO E.D.LOURENZA.CICLISMO DECIDIMOS CELEBRAR A "IV RUTA BTT REI CINTOLO " O PRÓXIMO DOMINGO, 3 DE NOVEMBRO
Tras revisar a cada día máis apertada axenda de rutas e kedadas, na sección do E.D.Lourenza.ciclismo decidimos celebrar a "IV Ruta btt Rei cintolo " o próximo domingo, 3 de Novembro
A edición deste ano percorrerá pistas e sendeiros por unha das zonas máis bonitas dos nosos bosques, un percorrido moi completo cunha forte suba, unha baixada espectacular e unha zona de sendeiros por preciosas paraxes ( parque da Fraga Vella ) ; asegurámosvos unha xornada de bo BTT!!!
As inscripcións rematan no dia de hoxe, e agora mesmo pasamos os 100 inscritos:
FOLGUEIRA, MARCOS, CARMEN, AINARA, AYOUB, BRAIS E HENAR VENCEN NA SOLIDARIA DE XOVE COM MÚLTIPLES PÓDIUMS MÁIS(18)!!!
Manuel Folgueira impúxose na carreira solidaria de Xove con un tempo de 15´30´´ sobre un percorrido de 4,400. O que fora no seu dia subcampión galego cadete de campo a través volve a estar en forma e seguro que lle seguirá deparando grandes momentos á família do atletismo das E.D. Lourenzá Mondoñedo.
Ademáis, enumeramos a continuación o resto de resultados destacados:
- Veterano Masculino:
• Marcos Rodríguez. Campión
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- …
- seguinte ›
- última »