Novas
O CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ CONSEGUE UN RÉCORD DE PARTICIPACIÓN NA SÚA TERCEIRA EDICIÓN, CON 21 COMPAÑÍAS
O certame de teatro afeccionado Concello de Lourenzá consegue un récord de participación na súa terceira edición, con 21 compañías presentadas.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “a esta edición presentáronse 8 compañías da provincia de A Coruña, 8 de Lugo, 3 de Pontevedra e 2 de Ourense. Nos próximos días reunirase o xurado para visionar as gravacións das obras presentadas e escoller as 8 que van ser representadas na fase final, que se celebrará os sábados e domingos de novembro”.
ESTE DOMINGO HABERÁ TEATRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este domingo en Lourenzá tamén haberá teatro a cargo da compañía Os Quinquilláns, que representará a obra titulada A pluma viva de Rosalía. Será ás 16:00 horas no salón de actos do Concello. A actuación, que forma parte das actividades da XXIX edición da Festa da Faba, enmárcase dentro da campaña contra violencia de xénero da Xunta de Galicia e do Goberno Central. Ademais a Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Mercedes Dengra, instalará un stand lila na praza do Conde Santo para sensibilizar á cidadanía sobre as violencias machistas.
O CONCELLO ORGANIZA UNHAS XORNADAS SOBRE USOS E APLICACIÓN DE DRONS, CON ACTIVIDADES ESTE DOMINGO
O Concello de Lourenzá organiza unhas xornadas sobre usos e aplicación de drons, que inclúen actividades este domingo.
A FESTA DA FABA OCASIONARÁ CORTES DE TRÁFICO EN RÚAS DE VILANOVA DESDE MAÑÁ, XOVES
A Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará desde o venres ata o domingo desta semana, ocasionará cortes de tráfico en rúas de Vilanova desde mañá, xoves.
5º CAMPIONATO DE PARCHIS
O CONCELLO INSTALARÁ UN STAND LILA NA FESTA DA FABA PARA SENSIBILIZAR Á CIDADANÍA SOBRE AS VIOLENCIAS MACHISTAS.
Lourenzá, 20 de setembro de 2019. O Concello de Lourenzá instalará un stand lila na XXIX edición da Festa da Faba, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, para sensibilizar á cidadanía sobre as violencias machistas. Esta iniciativa foi presentada pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra.
PRESENTADO O CARTEL DA XXIX FESTA DA FABA, QUE FOI DESEÑADO POLO DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES COMERCIAIS DO IES DE FOZ
O cartel da XXIX edición da Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, acaba de ser presentado. Nesta ocasión a imaxe para anunciar o evento foi deseñada polo Departamento de Actividades Comerciais do IES de Foz.
Na presentación do cartel participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron; e o xefe do Departamento de Comercio do IES de Foz, José Otero Méndez.
O MESTRE XUBILADO E ESTUDOSO DA HISTORIA LOCAL MANUEL ROMÁN RAMOS SERÁ O PREGOEIRO DA XXIX FESTA DA FABA DE LOURENZÁ
O mestre xubilado e estudoso da historia local Manuel Román Ramos será o pregoeiro da XXIX Festa da Faba de Lourenzá.
O 5 de outubro, sábado, ás 12 do mediodía Manuel Román Ramos, coñecido popularmente en Lourenzá como Manolo de Cartas, será o encargado de ler o pregón da XXIX Festa da Faba.
O Concello de Lourenzá acolle a exposición itinerante “O Camiño por Mar”
O concello de Lourenzá acollerá do 4 ao 6 de setembro a exposición O Camiño por Mar que organiza a Asociación do Patrimonio Industrial de Galicia, Buxa. Trátase dunha mostra itinerante sobre a peregrinanción en bote de Dublín a Santiago feita por catro amigos irlandeses no ano 2014. O proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »
