Duatlon: "O Debut en Provincial Soñado". Henar e Ian Méndez, Campións Provinciais benxamín e alevín!!! Maderas Naciente, novo patrocinador da sección!!!
Debutou con éxito absoluto a sección de duatlon das Escolas nun Campionato Provincial con dous títulos.
Na categoría benxamín, Henar Méndez impoñíase na proba coa súa compañeira Emma García alcanzando a 4ª posición a moi poucos segundos do podium e despois de remontar logo dunha caída.
En alevín masculino, Ian Méndez gañaba con moita suficiencia a proba sendo o seu compañeiro David Martínez 10º clasificado.