Novas

Novas do Concello

As balas femininas imponense no Corgo: Títulos para Andrea García(Prebenxamín), Carmen García(alevín) e Ana Vallines(infantil). Pódium ademáis para Pablo Irimia en Xuvenil e Título para Aarón Rivas

Nova saída exitosa das balas onte domingo que se multiplicaron representándonos pola xeografía galega. En O Corgo estes foron os resultados:

En prebenxamín, triunfo incontestable da debutante Andrea García con un tempo de 1:20 en 300 metros.

En Alevín, título para Carmen García con un tempo de 7:36 en 1800 metros.

En Infantil, título para Ana Vallines con unha marca de 6:42 en 1800 metros.

A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ O VINDEIRO LUNS, DÍA 24, UN OBRADOIRO A CARGO DE CAXOTO CONTACONTOS, QUE PRESENTARÁ A INICIATIVA A TRASTENDA DOS CONTOS. ESTA ACTIVIDADE CELÉBRASE PARA CONMEMORAR O DÍA DA BIBLIOTECA

A biblioteca municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, acollerá o vindeiro luns, día 24, un obradoiro a cargo de Caxoto Contacontos, que presentará a iniciativa A Trastenda dos Contos. Esta actividade, que se celebra para conmemorar o Día da Biblioteca, leva por título A miña biblo mola!

Xana Rguez. GANA A MEDIA VERTICAL COMADO 16 na Cat. Senior Feminino con 7 títulos máis no resto das categorías menores para as Balas do Maderas Barcia Lourenzá!!!

Xana Rguez.(atleta xuvenil) vencía no día de onte na Media vertical de 4,5 kilómetros de comado na categoría senior feminino con un tempo de 40,06. Pablo Irimia, tamén xuvenil obtiña a 7ª posición senior con unha marca de 39,07.

En prebenxamín, título para Sheila López en feminino e Iago Longarela en masculino. Pedro Moirón ademáis, 3º clasificado.

En Benxamín/Alevín masculino: 1- Manu Rguez., 2- Ian Méndez. Ademáis, Xabi Sordo(6º) e Brais Díaz(8º).

Henar Méndez, Ian Méndez e Ana Vallines GANAN a Popular Xermade 2016. Subcampionatos para Andrea García, Cristian Piñeiro, Pablo Irimia e Carmen López!!!

Onte domingo en Xermade as balas dominaban as categorías menores en Xermade, nunha nova edición da súa popular:

Prebx. Feminino: 2 - Andrea García.

Benxamín Feminino: 1 - Henar Méndez.

Alevín Feminino: 4 - Diana Lastra.

Alevín Masculino: 1 - Ian Méndez.

Infantil Feminino: 1 - Ana Vallines

Cadete Masculino: 1 - Cristian Piñeiro

Xuvenil Feminino: 2 - Carmen López

Xuvenil Masculino: 2 - Pablo Irimia.

Ademáis, a delegada Loli Piñeiro recollía o premio ó clube con participación máis numerosa!!!

 

REMATOU A OBRA DE “MELLORA E MANTEMENTO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIONS AGRARIAS NO CONCELLO DE LOURENZÁ”

Con data 12/08/16 rematou a obra de “MELLORA E MANTEMENTO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIONS AGRARIAS NON CONCELLO DE LOURENZÁ”, para a que se concedeu una subvención ao abeiro da Resolución de 25 de xaneiro de 2016, pola que se aproba o Plan Marco: MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIONS AGRARIAS 2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 por importe de sesenta e oito mil trescentos sesenta euros con setenta e sete céntimos (68.360,77.-)

Distribuir contido