O CONCELLO ESTÁ ARRANXANDO SEIS VIARIOS MUNICIPAIS E NOS PRÓXIMOS MESES TEN PREVISTO MELLORAR OUTROS MÁIS
Lourenzá, 2 de agosto de 2016. O Concello de Lourenzá está arranxando seis viarios municipais e nos próximos meses ten previsto mellorar outros máis. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Rocío López.
A rexedora municipal explicou que “o Concello de Lourenzá está a acometer os traballos de mellora e arranxo de 6 viarios municipais. Estas obras fanse con cargo á subvención ao abeiro do plan Marco (programa de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias) para o ano 2016, que ascende a 68.360 euros”.