Grandes triunfos das balas en Curtis(A Coruña) e Begonte nas súas respectivas Populares
Nin no verán deixan de colleitar triunfos as balas do Maderas Barcia Lourenzá. O sábado presentaronse os atletas na prestixiosa Popular de Cuntis onde tiña lugar tamén o galego de 5 kilómetros de adultos.
Marcos Graña vencía en prebenxamín, Iria Rguez. rodaba con absoluta autoridade en benxamín e impoñíase con un tempo de 3,48 e enésimo triunfo da temporada para unha infatigable Ainara Rguez. con un tempo de 9,52 (a segunda infantil entraba a máis de 30 segundos).