Novas
O CONCELLO ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE OS PERIGOS DE INTERNET. SERÁ O 24 DE FEBREIRO, ÁS OITO E MEDIA DA TARDE
O salón de actos da Casa do Concello acollerá este martes, 24 de febreiro, ás 20:30 horas unha charla informativa sobre os perigos de internet e como navegar seguros pola rede. Será pronunciada polo dinamizador TIC Javier Reigosa.
A rexedora anunciou que “dentro do ciclo de charlas que organiza o Concello todos os meses teremos unha conferencia ás oito e media da tarde no salón de actos da Casa do Concello. Leva por título Perigos de internet: “Navega segur@” e o poñente será Javier Reigosa, dinamizador TIC”.
OS ATLETAS DAS ESCOLAS VOLVEN A TRIUNFAR UNHA SEMANA DESPOIS NO CTO. GALEGO. SÁBADO 21 DE FEBREIRO
RESULTADOS
Infantil Feminino:
Fenomenal actuación de Ainara Rguez e Ana Vallines que lograron estar entre as 4 primeiras ata o desenlace da proba. Ainara, Bronce con un tempo de 9:22 a 7 segundos da cabeza; e Ana 4ª de Galicia a 9 segundos das primeiras.
Ademáis, o EQUIPO ALEVÍN MASCULINO deparou a sorpresa da xornada ó convertirse en SUBCAMPIÓN GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS coa gran clasificación dos seus compoñentes:
O CONCELLO DESTACA O ROTUNDO ÉXITO DE PÚBLICO E PARTICIPANTES NO DESFILE DE ENTROIDO CELEBRADO ONTE
Lourenzá, 23 de febreiro de 2015. A concelleira de Cultura en Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, fixo hoxe un balance moi positivo do desfile de Entroido celebrado onte, coa organización da asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá e o Concello.
O GOBERNO MUNICIPAL DESTACA QUE O CONCELLO PAGA AS FACTURAS AOS PROVEDORES NUNHA MEDIA DE 8,76 DÍAS
Despois do pleno da corporación municipal de Lourenzá celebrado hoxe o goberno local destacou que o Concello reduciu o período medio de pago das facturas aos provedores ata 8,76 días. Na sesión foi aprobado o presuposto municipal para este ano 2015, que ascende a 1.700.000 euros.
A SECCIÓN DE ATLETISMO DAS ESCOLAS ACUDIRÁ ESTE VINDEIRO FIN DE SEMANA A UN NOVO CAMPIONATO AUTONÓMICO
A sección de Atletismo das Escolas acudirá este vindeiro fin de semana a un novo campionato autonómico, neste caso o CTO. GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS, que terá lugar nas Pistas de Monterrei en Pereiro de Aguiar.
Os clasificados representando á provincia son:
Na categoría ALEVÍN FEMININO, Hiba Bouyzar e Carme Alonso.
ÉXITO DA FESTA INFANTIL DE ENTROIDO QUE TIVO LUGAR O PASADO LUNS NO MERCADO GANDEIRO DE LOURENZÁ, ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CONDE SANTO COA COLABORACIÓN DO CONCELLO
Éxito da festa infantil de entroido que tivo lugar o pasado luns no mercado gandeiro de Lourenzá, organizado pola asociación Conde Santo coa colaboración do Concello. Moitos foron os nenos e nenas que acudiron a esta cita, nalgúns casos acompañados polos seus pais, que tamén aproveitaron para disfrazarse e para gozar dun día en familia.
ÉXITO DA FESTA INFANTIL DE ENTROIDO QUE TIVO LUGAR O PASADO LUNS NO MERCADO GANDEIRO DE LOURENZÁ, ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CONDE SANTO COA COLABORACIÓN DO CONCELLO
Éxito da festa infantil de entroido que tivo lugar o pasado luns no mercado gandeiro de Lourenzá, organizado pola asociación Conde Santo coa colaboración do Concello. Moitos foron os nenos e nenas que acudiron a esta cita, nalgúns casos acompañados polos seus pais, que tamén aproveitaron para disfrazarse e para gozar dun día en familia.
CTO. GALEGO DE MENORES BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL. RIAZOR. A CORUÑA. 14/02/2015
A xeración de ouro encabezada por Ainara e Ana volven victoriosos do Galego de Pista Cuberta.
RESULTADOS:
BRAIS DÍAZ: (CATEGORÍA BENXAMÍN)
50 M.L. 4º SERIE: 9,08
500 M.L. MEDALLA DE BRONCE: 1,41,24.
MANU RGUEZ.
50 M.L. 6º SERIE: 8,60
500 M.L. 7º SERIE: 1,41,40
O PRESUPOSTO MUNICIPAL PARA ESTE ANO SOMETERASE A APROBACIÓN NUN PLENO DA CORPORACIÓN CONVOCADO PARA ESTE VENRES, DÍA 20
O presuposto do Concello de Lourenzá para este ano 2015 someterase a aprobación nun pleno ordinario da corporación municipal convocado para este venres, día 20, ás 12:30 horas. A proposta do goberno local ascende a 1.700.000 euros.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- …
- seguinte ›
- última »
