O VINDEIRO DOMINGO, DÍA 22, SERÁ O DÍA GRANDE DO ENTROIDO CO TRADICIONAL DESFILE DE PIÑATA, NO QUE SE REPARTIRÁN 4.000 EUROS EN PREMIOS
Lourenzá, 16 de febreiro de 2015. O vindeiro domingo, día 22, será o día grande do Entroido 2015 en Lourenzá coa celebración do tradicional desfile de Piñata, no que se repartirán 4.000 euros en premios. O evento foi presentado hoxe pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e representantes da xunta directiva da asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá (ACIAL).