O CONCELLO LAURENTINO TRABALLA XA NA MELLORA DE CANALIZACIÓNS NAS PARROQUIAS E CONFÍA EN PODER COMEZAR AS OBRAS REPARACIÓN DE ESTRADAS E ACCESOS MUNICIPAIS NOS VINDEIROS MESES, GRAZAS A DÚAS SUBVENCIÓNS PROCEDENTES DA XUNTA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL
O Concello de Lourenzá está a traballar estes días para mellorar o estado de canalización das cunetas nas súas parroquias, previndo así novas inundacións coma as que tiveron lugar o pasado mes de decembro no municipio. Estas obras contan cunha inversión municipal de 7.000 euros e súmanse ás que o Concello pretende levar a cabo nos vindeiros meses para mellorar o estado das súas estradas e accesos a camiños municipais.