OS VECIÑOS DE LOURENZÁ XA PODEN TRAMITAR NAS OFICINAS MUNICIPAIS CAMBIOS DE DOMICILIO NOS SEUS PERMISOS DE CONDUCIÓN E CIRCULACIÓN. A MEDIDA PÚXOSE EN MARCHA O LUNS E EVITA QUE OS LAURENTINOS TEÑAN QUE DESPRAZARSE A LUGO PARA ESTE TIPO DE XESTIÓNS
Lourenzá, 6 de agosto de 2014. Os veciños de Lourenzá xa poden tramitar nas oficinas municipais os cambios de domicilio nos seus permisos de condución e circulación, evitando así ter que desprazarse a Lugo. A medida foi posta en marcha polo Concello o pasado luns, día 4 de agosto, despois de firmar un protocolo de adhesión a un convenio entre a Federación Española de Municipios e Provincias e a Dirección General de Tráfico.