Novas

Novas do Concello

ATLETISMO: MADERAS BARCIA NO CTO. GALEGO EN RUTA!!!

O Vindeiro sábado día 27 de setembro unha representación dos atletas da sección estarán nunha das derradeiras probas da temporada (a temporada federativa remata o 15 de outubro) en Marín(Pontevedra) no CTO. GALEGO DE MILLA EN RUTA.

Os atletas que estarán presentes son:

17,30 - Cto. Galego Bx Feminino. Diana Lastra e Carmen García.

17,40 - Cto. Galego Bx Masculino. Ian Méndez e Fernando Vallines.

17,50 - Cto. Galego Av. Feminino. Ainara Rguez, Ana Vallines, Marta Mourelle, Carme Mourelle.

O EQUIPO DE NACIONAL TOMA FORZA!!!

O equipo de Juan Nécega está prácticamente perfilado de cara ó comenzo de liga. Esta semana confirmaronse as dúas vinulacións máis xunto a de Rocio Varela. Como a temporada pasada, a santanderina Tamara Montero xunto coa ferrolana Sara Cuíña seguirán ligadas ó equipo de Liga Feminina-2 e ó de Nacional.

Ademáis, seguirán no equipo a conocida nova da burelesa Marly Varela e a lucense Rocío Varela así como a alero Marta García, a escolta Andrea Meilán e a pívot monfortina Elena Sánchez.

O PROGRAMA DA XXIV FESTA DA FABA INCLÚE DEGUSTACIÓNS, MERCADOS, RUTA DE TAPAS, EXPOSICIÓNS, COMPETICIÓNS DEPORTIVAS E ACTIVIDADES MUSICAIS DO 3 AO 5 DE OUTUBRO

O programa da XXIV Festa da Faba de Lourenzá inclúe degustacións, mercados, ruta de tapas, exposicións, competicións deportivas e actividades musicais do 3 ao 5 de outubro. Na presentación, celebrada esta tarde, a delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, destacou que a administración autonómica colabora con esta festa de interese turístico e co sector da faba.

O GOBERNO MUNICIPAL ACLARA QUE TODAS AS SÚAS ACTUACIÓNS PARA A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DOS PAZOS EN TOVAR FORON LEGAIS, SEN REPAROS POR PARTE DA SECRETARIA INTERVENTORA DO CONCELLO

Lourenzá, 20 de setembro de 2014. O goberno municipal de Lourenzá aclarou hoxe en rolda de prensa que todas as súas actuacións para a construción en Tovar do Centro de Interpretación da Vida dos Pazos en Galicia foron legais, sen ningún reparo por parte da secretaria interventora do Concello. Así o manifestaron este mediodía no propio Pazo de Tovar a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e o anterior rexedor municipal, Vidal Martínez-Sierra López, que estiveron acompañados polos restantes concelleiros do equipo de goberno local.

Está aberto o prazo de inscripción das Escolas Deportivas Municipais de Lourenzá e Mondoñedo ata o luns 29 de setembro

A cuota é de 6 euros ó mes e podes elixir todos os deportes que desexes.  O abono farase mediante cargo bancario na conta que especifiquedes na ficha de inscripción no mes de outubro e as edades van dende a categoria pitufos ata xuvenil.

Unha vez cuberta a ficha de inscripción, debedes entregala nos Concellos de Lourenzá ou Mondoñedo ou ben directamente ó monitor deportivo se o alumn@ xa está adestrando.

O CONCELLO TEN ABERTO ATA O MÉRCORES 17 DE SETEMBRO O PRAZO DE MATRÍCULA EN TRES CURSOS: DE INFORMÁTICA, DE MANIPULACIÓN DE PRODUTOS FITOSANITARIOS E DE BAILES DE SALÓN

Lourenzá, 11 de setembro de 2014. Os veciños de Lourenzá poden apuntarse ata o vindeiro mércores 17 de setembro en calquera dos tres cursos que oferta o Concello para a vindeira tempada. O primeiro deles está destinado a aquelas persoas inscritas no réxime agrario, aos seus familiares, ou a desempregados que desexen mellorar os seus coñecementos en materia de informática.

Distribuir contido