PAPÁ NOEL FIXO A SÚA TRADICIONAL VISITA AO CENTRO DE DÍA PARA MAIORES E AO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DE LOURENZÁ
Papá Noel fixo a súa tradicional visita ás instalacións do Centro de Día para persoas maiores e do Punto de Atención a Infancia de Lourenzá. O percorrido rematou na Casa do Concello, onde Papá Noel fixo a súa derradeira parada para falar cos nenos e nenas que o estaban esperando e entregarlles algún agasallo.