O CONCELLO PROGRAMA ACTOS PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER O 8 DE MARZO. UN DELES É UNHA HOMENAXE Á VECIÑA DE SAN ADRIANO FELICITAS VALIÑA ANDÍA
O Concello de Lourenzá programa actos para conmemorar o Día da Muller Traballadora o vindeiro 8 de marzo, martes. Un deles é unha homenaxe á veciña de San Adriano Felicitas Valiña Andía. As actividades foron presentadas hoxe pola alcaldesa, Rocío López, e pola concelleira de Benestar Social, Mercedes Dengra.