O Prestixioso Torneo Lourenzá en Xogo terá unha continuidade Bianual !!!
Tal e como se decidiu unha vez rematada a edición do Lourenzá en Xogo 2015, o torneo terá unha continuidade bianual.
Tal e como se decidiu unha vez rematada a edición do Lourenzá en Xogo 2015, o torneo terá unha continuidade bianual.
O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Antonio Crepo, e a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, asinaron o acordo para a cesión dunha parcela en San Adriano, que se destinará a aparcadoiro para o cemiterio desta parroquia.
O equipo Infantil Feminino de campo a través proclamouse o pasado sábado MEDALLA DE BRONCE no Cto. Autonómico de Campo a Través disputado na Estrada (Pontevedra).
O Concello de Lourenzá, e concretamente a Delegación de Deportes que dirixe Francisco Dasilva, felicita aos atletas das escolas deportivas municipais polos resultados que acadaron nos campionatos galegos celebrados a pasada fin de semana.
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá este vindeiro domingo, día 13, ás oito da tarde unha representación teatral organizada pola Concellería de Cultura. O grupo Pico do Castro, de Foz, representará a obra titulada De vello gaiteiro.
SÁBADO, GALEGO DE MENORES:
Aleix Díaz - Infantil:
CAMPIÓN GALEGO EN 500 M.LISOS: 1,18,36
4º CLASIFICADO FINAL DE 50 LISOS: 7,10
Fernando Vallines Fdez.- Alevín:
MEDALLA DE BRONCE EN PESO: 8,84.
Iria Rguez. Ares - Benxamín:
CAMPIONA GALEGA EN 1000: 3,53,88
3ª Semifinal de 50 lisos: 8,77
Ana Vallines Fdez. - Infantil.
MEDALLA DE BRONCE EN 2000 lisos: 7,21,60
7ª en altura: 1,25
Ainara Rguez. Ares. -Infantil
CAMPIONA GALEGA, RÉCORD GALEGO EN 500 LISOS: 1,22,71
Unha unidade móbil do plan de impulso da rehabilitación sostible de vivendas na provincia de Lugo, denominado Reacciona 2020, estará na Praza do Conde Santo o vindeiro mércores, día 9, dende as 11 da mañá ata as 6 da tarde para informar sobre as vantaxes deste programa. Ademais ese mesmo día ás oito da tarde haberá unha charla sobre este asunto no salón de actos da Casa do Concello aberta ao público en xeral. Anunciouno hoxe a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López.
Comezou onte na biblioteca municipal de Lourenzá o primeiro campionato de parchís para adultos organizado polo Concello e no que participan seis parellas. Entre os 12 xogadores inscritos hai once mulleres e un home.
O campionato vaise desenvolver os xoves a partir das seis da tarde na biblioteca municipal e enfrontaranse todas as parellas entre si. Haberá premios, que consistirán en trofeos, para os que consigan os primeiros postos na clasificación final do torneo.
O vindeiro sábado día 5 de marzo terá lugar en Riazor o cto. galego de menores de pista cuberta nas categorías benxamín, alevín e infantil e o domingo 6 o galego cadete tamén en Riazor.
Atletas admitidos:
Na categoría infantil representarannos:
Nicolás Álvarez en 1000; Aleix Díaz en 500 e 50 lisos; Ainara Rguez. en 500 e 50 lisos; Ana Vallines en 2000 e altura, Carme Alonso en 2000 e en peso María Vallines e Mencía Martínez-Sierra.
O centro de día para persoas maiores de Lourenzá acollerá mañá, venres, a partir das 16.30 horas un espectáculo de animación musical e teatral.
A alcaldesa, Rocío López, explicou que esta actividade “está enmarcada dentro do proxecto de animación para persoas maiores Entre avós anda o xogo, do grupo Galimatias” e engadiu que “estas actividades de animación musical e teatral teñen como idea principal buscar un repertorio sinxelo que facilite a participación tanto dos usuarios do centro como de todo o público asistente”.