Lourenzá xa vibra cos cromos. Éxito total da presentación da colección!!!
Onte venres ás 20 horas o pavillón de Lourenzá quedouse pequeno para albergar a presentación do álbum de cromos das Escolas.
Onte venres ás 20 horas o pavillón de Lourenzá quedouse pequeno para albergar a presentación do álbum de cromos das Escolas.
O Concello de Lourenzá programa diversas actividades para celebrar o Día do Libro na biblioteca municipal e no centro de día para maiores na xornada do 22 deste mes, venres.
Ás 12 do mediodía na biblioteca municipal haberá o espectáculo infantil Bibliocanta, a cargo de Chío Couto Rendo. Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.
E ás catro e media da tarde no centro de día terán lugar lecturas musicadas da obra do escritor Manuel María.
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) e o Concello organizan un concurso infantil de postais para celebrar o Día da Nai co lema Unha postal para mamá. O prazo de presentación dos traballos na Biblioteca Municipal remata o día 25 deste mes.
Mañá venres, ás 20 horas; presentarase no Pavillón Municipal de Lourenzá a colección de cromos onde saen preto de 260 deportistas das Escolas. O acto estará presidido pola Alcaldesa de Lourenzá Rocío López así como polo Presidente das Escolas Pablo Maseda. Ademáis de estar ambas personalidades, estarán presentes os presidentes das entidades vinculadas Atletismo Lourenzá, Mondoñedo Fc, Salto do Coro, Ensino Lugo e 7 voltas ciclismo así como os patrocinadores da entidade.
A nome da atleta benxamín do Maderas Barcia Lourenzá segue dando moito que falar esta temporada, porque ó recente título do galego de 1000 en pista cuberta acaba de sumar o título autonómico este pasado domingo día 10 de abril en Sada no Cto. Galego de 1000 metros en ruta.
Desprazabanse varios atletas con marca ó galego, nunhas carreiras numerosísimas con máis de 80 corredores por categoría.
Varios atletas das Escolas desprazaranse o vindeiro domingo día 10 de abril desprazaranse a Sada para participar no Cto. Galego de 1000 en ruta que terá lugar en horario de mañá. O clube estará representado en 4 categorías.
Os atletas acreditados serán:
Infantil Feminino estarán Ainara Rguez. e Ana Vallines
Cadete Masculino Cristian Piñeiro.
Alevín Masculino: Ian Méndez.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, convoca unha reunión para informar sobre a recuperación do denominado Mercado das Prazas, que se celebraba os domingos en Vilanova. A xuntanza terá lugar no salón de actos da Casa do Concello o día 15 deste mes, venres, ás 21 horas.
A pesar de ser o debut das balas nunha proba escolar de duatlon onte domingo en Mondoñedo, responderon os atletas obtendo 4 pódiums e clasificando a todos os competidores para o Cto. Provincial, dominando as carreiras a pé pero sufrindo na proba en bici.
Benxamín Feminino: 3 - Carmen García.
Benxamín Masculino: 2 - Ian Méndez.
Alevín Feminino: 4 - Valeira Álvarez.
Alevín Masculino: 2 - Nicolás Álvarez. 4- Samuel Debasa.
Triunfo total das Balas do Maderas Barcia Lourenzá nas carreiras de menores na VI carreira das Poleas disputada na localidade asturiana de Tapia o pasado sábado 2 de Abril.
CATEGORÍAS:
PREBENXAMÍN FEMININO: 1- Sheila López.
BENXAMÍN MASCULINO: 1- Aarón Millares.
BENXAMÍN FEMININO: 1.- Iria Rguez. 2.- Aroa Glez.
ALEVÍN MASCULINO: 1.- Ian Méndez.
O Concello de Lourenzá, a través da biblioteca pública, súmase ós actos do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil mañá, sábado, 2 de abril, xornada na que se conmemora o nacemento do escritor Hans Christian Andersen.