Novas

Novas do Concello

ED LOURENZÁ E MONDOÑEDO CF SEGUEN APOSTANDO POLO FÚTBOL: DAVID CABALEIRO "GARRA" NOVO ADESTRADOR DO EQUIPO INFANTIL E MICHAEL SANTE Ó FRONTE DO EQUIPO CADETE

Onte venres ás 19:00 horas presentaronse oficialmente os equipos de fútbol infantil e cadete no municipal de Sta. Cruz. No acto estiveron os presidentes das entidades que loitan conxuntamente formando os xogadores de Lourenzá e de Mondoñedo por quinto ano consecutivo; Pablo Maseda e Manuel Barreira. Ademáis estivo presente o Concelleiro de Deportes de Lourenzá Francisco Dasilva; así como numerosos pais e aficionados de ambos clubes.

MAÑÁ VENRES DÍA 7: PRESENTACIÓN DOS EQUIPOS FEDERADOS INFANTIL E CADETE DE FÚTBOL ASÍ COMO OS CADETE, JUNIOR E SÉNIOR 2ª AUTONÓMICA DE BASKET!!!!

Mañá venres día 7 de Agosto faremos a presentación dos equipos federados das Escolas que inician antes a súa actividade deportiva.

Ás 19:00 horas en Sta. Cruz están citados os xogadores de fútbol infantil e cadete e sobre as 21:00 horas tocará o turno para os equipos federados de basket.

En ambas citas daranse a coñecer os adestradores para esta vindeira temporada así como a planificación a seguir cos distintos equipos.

ABERTO PRAZO INSCRIPCIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ TEMPORADA 2015 2016!!!!

Dende o día de hoxe está aberto o prazo de inscripción das Escolas Deportivas para a temporada 2015 - 2016 e finalizará o mércores día 23 de setembro.

Os alumn@s das Escolas por 6 euros ó mes poden anotarse en todas as actividades que se ofertan, que un ano máis van dende o fútbol, fútbol sala, campo a través, atletismo, baloncesto, bádminton, tenis de mesa ata o patinaxe artístico.

OS NENOS E EDUCADORES DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DE LOURENZÁ CELEBRARON A FESTA DE FIN DE CURSO CUNHA TARDE DE XOGOS E MERENDA NO RECINTO FEIRAL

Lourenzá, 3 de agosto de 2015. O Punto de Atención á Infancia (PAI) Meniños, de Lourenzá, festexou o pasado venres a festa de fin de curso cunha tarde de xogos e merenda na que participaron os nenos e nenas do centro, así como as familias e as educadoras. Aínda que o lugar previsto para a festa era a área recreativa da Cazolga, o mal tempo non o permitiu e o acto tivo que trasladarse ao recinto feiral de Lourenzá.

O PAZO DE TOVAR ACOLLERÁ ESTE DOMINGO A PRESENTACIÓN DA NOVELA HISTÓRICA CATALINA DE SANTISSO, QUE DESENVOLVE PARTE DA SÚA TRAMA NAS TERRAS DE LOURENZÁ

Lourenzá, 30 de xullo de 2015. O pazo de Tovar, en San Tomé de Lourenzá, será este próximo domingo, 2 de agosto o escenario da presentación da obra titulada Catalina de Santisso, unha novela histórica de Aurora García Rivas. A cita será ás 19:30 horas e o lugar escollido non é casual, xa que parte da acción da novela transcorre no propio Pazo de Tovar no século XVI.

O CURSO DE TÉCNICAS DE ESTUDO ORGANIZADO POLO CONCELLO PARA NEN@S DE 10 E 14 ANOS CUBRE TODAS AS SÚAS PRAZAS

O curso de técnicas de estudo organizado pola Concellería de Educación de Lourenzá e impartido por Espazo Garabatos comezou o pasado luns, 27 de xullo, con todas as súas prazas completas. Así o explicou a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, que presentou esta actividade acompañada do concelleiro de Educación e Cultura, Manuel Arango Ron. A formación está dirixida a nenos e nenas entre os 10 e os 14 anos e impártese os luns, mércores e venres en sesións de hora e media, ao longo de 10 sesións.

MORANGRUPO, NOVO PATROCINADOR DO EQUIPO DE NACIONAL DE BASKET!!!

A terceira temporada do primeiro equipo de basket das Escolas que milita en Categoría Nacional será co nome deportivo de MoranGrupo, empresa afincada en Mondoñedo e que engloba diferentes ramas do transporte; dende buses e microbuses, aluguer de vehículos, transporte sanitario.... que colabora dende fai varios anos co deporte de A Mariña e agora o fará tamén co deporte do baloncesto feminino en particular.

FIRMOUSE O CONVENIO DE RENOVACIÓN ENTRE O PRESIDENTE DAS ESCOLAS D. PABLO MASEDA E O REPRESENTANTE DE CONSTRUCCIONES AUGACONS D. JUAN LÓPEZ

No día de onte firmouse o convenio de renovación entre o presidente das Escolas D. Pablo Maseda e o representante de Construcciones Augacons D. Juan López. Éste será o segundo ano consecutivo como patrocinador en exclusiva do 1º equipo de fútbol e o sexto onde colabora directamente como patrocinador das Escolas Deportivas.

Distribuir contido