PRESENTACIÓN DO AUGACONS LOURENZÁ DE 1ª AUTONÓMICA. XOVES DÍA 23 DE XULLO. 20,30 HORAS. STA. CRUZ
Sta. Cruz acolle mañá xoves día 23 a posta en escea do proxecto das Escolas Deportivas para a 1ª Autonómica despois do paso fugaz pola 2ª autonómica. Ás 20:30 horas está convocado o plantel do primeiro equipo así como o corpo técnico do mesmo. Asistirán a Alcaldesa de Lourenzá Rocío López, o Concelleiro de Deportes Francisco Dasilva e o Presidente das Escolas Pablo Maseda; así como o resto de directivos do clube e público en xeral.