ARTIGO DE EMMA ÁLVAREZ: NORABOA LOURENZÁ
Falar de Lourenzá sen falar do deporte non se entende.
Falar de Lourenzá sen falar do deporte non se entende.
Na xornada do pasado sábado, 18 de abril, unha vintena de membros da Asociación de Sendeirismo "Terras de Lourenzá", desprazáronse ata a provincia de Pontevedra, concretamente á Comarca do Deza, onde se moveron polos Concellos de Silleda e Vila de Cruces. Xa alí, realizaron unha ruta circular de algo máis de 13 kms.. A camiñata comezou no entorno do Mosteiro de Carboeiro e tivo como punto destacado unha parada na Fervenza do Toxa, un dos saltos de auga máis impresionantes da nosa Comunidade.
A Mesa Local do Comercio do Concello de Lourenzá aprobou esta semana a recuperación do denominado Mercado das Prazas, que se celebrou en Vilanova dende 1774 ata a década dos anos 70 do século pasado.
Dende o CLUBE ATLETISMO LOURENZÁ lembrámosvos que o vindeiro 3 de maio (coincidindo con as festas das QUENDAS), celebraremos a primeira edicíón da carreira de montaña TOXIZA CLASSIC XTREME. Unha proba de 40km que, con saída e meta na praza da catedral de Mondoñedo, percorrerá os montes máis emblemáticos da zona: A Toxiza, a reserva natural de A Fragavella e A Pena da Roca.
O salón de actos da Casa do Concello acollerá o venres a proxección dunha película de Pepe Peinó e o domingo haberá unha representación teatral a cargo da compañía Trípode. Son actos organizados pola Concellería de Cultura.
A biblioteca pública municipal de Lourenzá convoca un ano máis os certames infantís de narración e de debuxo para conmemorar o Día das Letras Galegas 2015. O tema elixido para esta edición é Da ciencia á ficción: o home na lúa, os robots, a realidade virtual, …
O Concello convoca un concurso para elixir á Madalena deste 2015, unha das protagonistas do desfile do maio. A concelleira de Cultura, Lupe Flórez, dixo que “a mellor forma de manter viva unha tradición é involucrar ás rapazas desde a súa infancia para que se impliquen na mesma”. As mozas de 10 a 17 anos, de Lourenzá, teñen ata o 27 de abril para anotarse e participar no sorteo que haberá o día 28 e do que sairá elixida a Madalena.
O goberno municipal de Lourenzá critica aos concelleiros da oposición, de PSOE e BNG, porque non asistiu ningún deles a pleno extraordinario da corporación celebrado esta mañá e no que se trataron asuntos importantes para os veciños.
O pleno extraordinario da corporación municipal de Lourenzá que está convocado para mañá, xoves, ás 10 da mañá tratará a ampliación da área de rehabilitación integral (ARI) a todo o casco urbano. Na sesión tamén se abordará a creación dun viveiro municipal de cooperativas agrarias.
A corporación municipal de Lourenzá celebrará un pleno extraordinario este xoves, día 16, ás dez da mañá. Na sesión tratarase unha moción do goberno local para solicitar melloras no servizo de Correos que se ofrece no municipio e outra na que piden ao Ministerio de Justicia que o Xulgado de Paz de Lourenzá manteña os servizos e funcións de rexistro civil.