LOURENZÁ ACOLLERÁ DIVERSAS ACTIVIDADES PARA RAPACES DE 7 A 17 ANOS ESTE SÁBADO, 21 DE MARZO, E TAMÉN DURANTE A SEMANA SANTA. ESTÁN ORGANIZADAS POLA ASOCIACIÓN CHAO DE CASTRO-ALTAIR E CONTAN COA COLABORACIÓN DO CONCELLO
Lourenzá, 17 de marzo de 2015. Lourenzá acollerá diversas actividades para rapaces de 7 a 17 anos este sábado, día 21, e do 28 de marzo ao 1 de abril. Están organizadas pola asociación Chao de Castro-Altair e contan coa colaboración do Concello, segundo deu a coñecer esta mañá a concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez.