Novas

O CONCELLO ANUNCIA A CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA O PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2017

O Concello de Lourenzá anuncia a convocatoria de prazas para o programa de Benestar en balnearios 2017.

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

-Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

-Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

O CONCELLO FELICITA Á NENA CLAUDIA CARRIL CABALEIRO POR ACADAR O PRIMEIRO PREMIO NA SÚA CATEGORÍA DO CONCURSO PROVINCIAL DE POESÍA DE NADAL

O Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Cultura, felicita a Claudia Carril Cabaleiro, alumna do CEIP Juan Rey, porque ven de acadar o primeiro premio de poesía de Nadal no certame provincial da Biblioteca Nodal de Lugo. Claudia Carril participou na categoría B (de 9 a 11 anos) co poema titulado Promesas de Nadal e recibiu como premio unha figura de Sargadelos, un lote de libros e un diploma acreditativo do galardón.