Novas

ANA VALLINES, ATLETA INFANTIL DAS ESCOLAS ESTIVO PRESENTE EN DÚAS CARREIRAS O PASADO FIN DE SEMANA E LOGRABA IMPOÑERSE EN AMBAS

O Sábado pasado participaba na prestixiosa carreira popular Torre de Hércules en Coruña pertencente ó Circuito de Carreiras Populares "Coruña Corre" obtendo un novo trofeo cunha nova victoria, impoñéndose con un tempo de 5:44 a un ritmo de 3:35 o Kilómetro.

E un día despois participaba no Cross de Oviñana (Asturias) onde se anotaba un novo título por diante de atletas de gran nivel asturianas.

UN ROTEIRO LITERARIO PERCORRE EN LOURENZÁ OS ESCENARIOS ORIXINARIOS DA VIDA E OBRA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, encabezaron esta tarde o primeiro percorrido a pé do ‘Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego’, unha iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello. Segundo explicou Anxo Lorenzo, o obxectivo deste percorrido é honrar o legado dun persoeiro “cun grande espírito de construción cultural”, e “figura clave para o desenvolvemento da identidade de Galicia e da súa cultura” nado hai 102 anos nesta localidade lucense.

O PAVILLÓN MUNICIPAL ACOLLERÁ O 19 DE ABRIL UN FESTIVAL FOLCLÓRICO INFANTIL ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL OSORIO GUTIÉRREZ

O pavillón municipal de Lourenzá acollerá o día 19 do vindeiro mes de abril, domingo, ás 18:30 horas un festival folclórico infantil organizado pola asociación cultural Osorio Gutiérrez.

Ademais do grupo anfitrión, pertencente ao colectivo organizador do evento, participarán O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, e Saíñas, de Xove.

A entrada para asistir a este festival folclórico infantil será gratuíta.

 

O PAZO DE TOVAR ACOLLEU A CELEBRACIÓN DO 1º ANIVERSARIO DA INAUGURACIÓN DA SÚA REHABILITACIÓN, DENDE A QUE RECIBIU MÁIS DE MIL VISITANTES. FORON INAUGURADAS DÚAS EXPOSICIÓNS QUE SE PODERÁN VISITAR ATA FINAIS DE ABRIL

O Pazo de Tovar acolleu varios actos o pasado sábado para celebrar o primeiro aniversario da inauguración da súa rehabilitación, dende a que recibiu máis de mil visitantes. Así o destacou a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, na súa intervención durante a xornada.