Novas

A ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO "TERRAS DE LOURENZÁ" REALIZARÁ NO VINDEIRO MES DE MAIO UNHA NOVA CAMIÑATA

A Asociación de Sendeirismo "Terras de Lourenzá" realizará no vindeiro mes de maio unha nova camiñata. Nesta ocasión, e baixo o lema "Ruta dos barrios", realizarán un percorrido de 12 kms. e dificultade baixa, por distintos recunchos da "vila" (como popularmente se coñece á capitalidade do Concello de Lourenzá), para desfrutar dos encantos que se aprecian coa ollada de camiñante e que soen pasan desapercibidos na vida diaria.

HENAR, NICO, AINARA E CARMEN TRIUNFAN NA POPULAR DE MONFORTE DE LEMOS

O pasado domingo desprazábase a sección de atletismo das Escolas Maderas Barcia a Monforte para participar na VII Carreira Popular Concello de Monforte, con moitísima participación sobre todo en categorías inferiores; logrando nin máis nin menos que un total de 4 títulos.

Resultados:

Prebenxamín Feminino:

1ª - Henar Méndez.

Benxamín Feminino:

3ª - Iria Rguez.