Novas

A ALCALDESA XESTIONOU NA DEMARCACIÓN DE CARRETERAS DEL ESTADO EN GALICIA A CONSTRUCIÓN DUNHA CONEXIÓN ENTRE A ESTRADA PROVINCIAL LU-P-2802 E A N-634 EN ARROXO. TAMÉN SOLICITOU UNHA SOLUCIÓN PARA EVITAR OS DESBORDAMENTOS DO REGO DE RECIMIL

A alcaldesa de Lourenzá, Émma Álvarez Chao, mantivo unha reunión co responsable da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia, Ángel González del Río, na que abordaron a construción dunha conexión entre a estrada provincial LU-P-2802 e a Nacional 634 en Arroxo. Tamén falaron da necesidade de adoptar unha solución para evitar os desbordamentos do rego de Recimil a raíz da construción da autovía A-8.

A ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO "TERRAS DE LOURENZÁ" REALIZARÁ NO VINDEIRO MES DE MAIO UNHA NOVA CAMIÑATA

A Asociación de Sendeirismo "Terras de Lourenzá" realizará no vindeiro mes de maio unha nova camiñata. Nesta ocasión, e baixo o lema "Ruta dos barrios", realizarán un percorrido de 12 kms. e dificultade baixa, por distintos recunchos da "vila" (como popularmente se coñece á capitalidade do Concello de Lourenzá), para desfrutar dos encantos que se aprecian coa ollada de camiñante e que soen pasan desapercibidos na vida diaria.