Novas

O CONCELLO CONVOCA UN CONCURSO PARA ELIXIR Á MADALENA DESTE 2015, UNHA DAS PROTAGONISTAS DO DESFILE DO MAIO. AS RAPAZAS INTERESADAS PODEN ANOTARSE ATA O 27 DE ABRIL NA BIBLIOTECA

O Concello convoca un concurso para elixir á Madalena deste 2015, unha das protagonistas do desfile do maio. A concelleira de Cultura, Lupe Flórez, dixo que “a mellor forma de manter viva unha tradición é involucrar ás rapazas desde a súa infancia para que se impliquen na mesma”. As mozas de 10 a 17 anos, de Lourenzá, teñen ata o 27 de abril para anotarse e participar no sorteo que haberá o día 28 e do que sairá elixida a Madalena.

O GOBERNO LOCAL LEVA A UN PLENO DA CORPORACIÓN QUE SE CELEBRARÁ ESTE XOVES A PETICIÓN DE MELLORAS NO SERVIZO DE CORREOS E QUE O XULGADO DE PAZ MANTEÑA AS FUNCIÓNS DE REXISTRO CIVIL

A corporación municipal de Lourenzá celebrará un pleno extraordinario este xoves, día 16, ás dez da mañá. Na sesión tratarase unha moción do goberno local para solicitar melloras no servizo de Correos que se ofrece no municipio e outra na que piden ao Ministerio de Justicia que o Xulgado de Paz de Lourenzá manteña os servizos e funcións de rexistro civil.