A FOCENSE ROSALÍA RGUEZ. SUBCAMPIONA GALEGA DE 400 VALADOS XUVENIL
O pasado domingo os atletas subvenís acudían ó Cto. Galego nas Pistas Universitarias de Elvira (A Coruña) destacando o resultado da atleta focense do Lucus que adestra dende fai dous meses baixo a disciplina das Escolas Deportivas e que acadaba o subcampionato galego nos 400 valados xuvenil; que a pesar de non estar entre as 3 mellores do ranking baixou en 3 segundos a súa mellor marca persoal para acabar no pódium.
Ademáis, a atleta Carmen L. Diniz obtiña un meritorio 4º posto no triple salto.