Novas

O CONCELLO ABRIU O PRAZO PARA QUE OS FABEIROS QUE QUEIRAN PARTICIPAR NOS MERCADOS DOMINICAIS POIDAN FACER OU RENOVAR O SEU CARNÉ NAS OFICINAS MUNICIPAIS

Lourenzá, 10 de setembro de 2014. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, anunciou hoxe a apertura do prazo para que todos os produtores de faba da Mariña que queiran vender nos mercados dominicais de Lourenzá poidan facerse co seu carné de fabeiro ou renovalo no caso de que xa contasen con el. Os interesados poderán facelo nas oficinas municipais de 08:00 a 15:30 horas, ata o vindeiro 30 de setembro. 

Crónica da actuación do pasado sábado 6 de setembro da sección de ciclismo das E.D. Lourenzá

Peixe e José Luís lúcense nos 100 kilómetros ultra de Boiro!!!

III ultra btt cicloturismo 100 km

Gran día de btt en Boiro , ruta larga dura e técnica a que lle hai que sumar choiva , barro , nevoa e vento averías mecánicas etc , pero eso non foi impedimento para que os dous integantes do ED.Lourenza.ciclismo non fixeran un gran papel , ocupando o Peixe o posto 16º e Jose Luis Falcon Irigoyen o posto 38º da xeral .

A sección de atletismo volve a reivindicarse na II Benquerencia Terra e Mar

Novo éxito das Escolas Deportivas nunha nova carreira popular disputada o pasado domingo baixo unha fenomenal organización onde os atletas se sentiron os verdadeiros protagonistas. Destacar que o noso clube recolleu o trofeo simbólico como colaborador e animador da proba, un éxito de todos!!!.

Os resultados por pódium:

Prebenxamín Feminino:

1- Iria Rguez.

2- Henar Méndez

Benxamín Feminino:

3- Diana Lastra

Benxamín Masculino:

3- Brais Díaz.

Alevín Feminino:

1- Ainara Rguez.

2- Ana Vallines

Alevín Masculino:

"Os héroes da Media Maratón"

Todos os participantes da sección de adultos participantes na Media Maratón Ribadeo/As Catedrais remataron a proba de 21 kilómetros sen nengún abandono. Éstes son os héroes: 

 

VECIÑOS DE LOURENZÁ E TRABADA PODERÁN PARTICIPAR NUNHA VIAXE A VIGO PARA ASISTIR COMO PÚBLICO AO NOVO PROGRAMA DA TVG BOAS TARDES O DÍA 29 DESTE MES

Lourenzá, 8 de setembro de 2014. Veciños de Lourenzá e Trabada poderán participar nunha viaxe a Vigo para asistir como público ao novo programa da Televisión de Galicia Boas tardes, que presenta Luis Fraga. O autobús sairá o día 29 deste mes de setembro, luns, ás 12:15 horas dende a  Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá.

O programa é un magacín de actualidade cunha duración de 2 horas e 20 minutos. Ao rematar o espazo a organización ofrecerá unha merenda.