Novas

REMATOU A PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES LÚDICAS DE VERÁN ORGANIZADA POLO CONCELLO PARA OS MÁIS PEQUENOS, PERO CONTINUARÁ NO VINDEIRO MES DE AGOSTO PARA OS RAPACES MAIORES DE DEZ ANOS

Lourenzá, 31 de xullo de 2014. O Concello de Lourenzá puxo onte punto e final a súa programación lúdica dirixida a nenos de entre 4 e 9 anos. Así o anunciou a súa concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez Seivane, quen recordou que a partir de agora e durante todo o vindeiro mes de agosto, continuarán as actividades deportivas enfocadas a rapaces maiores de 10 anos.

ESTE VENRES REMATA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA EXCURSIÓN AO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA, QUE SE LEVARÁ A CABO O 8 DE AGOSTO

Lourenzá, 29 de xullo de 2014. O prazo de inscrición para participar na excursión ao parque acuático de Cerceda organizada polo Concello de Lourenzá remata este venres, día 1 de agosto. A actividade, que se levará a cabo o 8 de agosto, está dirixida a nenos e nenas de máis de seis anos e as inscricións recóllense na Casa do Concello en horario de mañá, de 08 a 15 horas, e na Biblioteca Municipal pola tarde, de 17 a 20 horas.