Novas

PRESENTACIÓN DE FÚTBOL INFANTIL, CADETE E XUVENIL.

O vindeiro xoves día 7 de Agosto ás 20:00 horas en Sta. Cruz están convocados para facer a presentación oficial de campaña os xogadores das Escolas de idade infantil, cadete e xuvenil. Aquí coñecerán ós que serán os seus adestradores e delegados para esta vindeira temporada así como os horarios de adestramento.

Este ano aparece como nova alta o equipo de fútbol cadete, que competirá como o infantil e xuvenil na liga provincial.

MARTÍN PARDIÑAS SUPÉRASE NO DESAFÍO DE SOMIEDO MENTRES ANA VALLINES GANA A MILLA DE ARES

En dous frentes estivo representada a sección de atletismo das Escolas Deportivas.

Dunha banda Martín Pardiñas desprazabase a Asturias para participar en Somiedo dunha proba de gran dureza física e de montaña:

DESAFIOSOMIEDO, proba a cal aporta puntos de cualificación para "Ultra-Trail du Mont-Blanc" e conta cun percorrido de 46km e 5.000m de desnivel acumulado, coroando picos de máis de 2.000m de altitude

A ÁREA RECREATIVA DA CAZOLGA ACOLLEU UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA PARA CELEBRAR O PECHE DO CURSO NO PAI MENIÑOS, DE LOURENZÁ

Lourenzá, 1 de agosto de 2014. O Concello puxo onte o punto e final ao curso do Punto de Atención á Infancia (PAI) Meniños, de Lourenzá. Fíxoo celebrando unha xornada de convivencia cos nenos que formaron parte deste centro educativo no curso 2013/2014. Os cativos de 0 a 3 anos, acompañados por familiares e as coidadoras, puideron gozar dunha tarde repleta de actividades na área recreativa da Cazolga.

O CONCELLO PRESENTOU HOXE A XVIII EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA FESTA DA FABA CUN PREMIO DE 500 EUROS PARA O GAÑADOR. OS INTERESADOS PODEN ENTREGAR ATA O 22 DE SETEMBRO OS SEUS TRABALLOS

Lourenzá, 31 de xullo de 2014. O Concello de Lourenzá presentou hoxe a súa XVIII edición do Concurso de Fotografía Festa da Faba para este ano 2014. Os traballos poderán presentarse, por correo ou en persoa, nas oficinas municipais ata o día 22 de setembro. As fotografías deberán basearse na temática Terras da Faba e o gañador recibirá un premio de 500 euros. No acto de presentación estiveron a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez; o concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Reigosa, e a concelleira de Cultura e Turismo, Lupe Flórez.