VILANOVA ACOLLE DÚAS ACTUACIÓNS MUSICAIS PARA A VINDEIRA PONTE FESTIVA DENTRO DAS ACTIVIDADES DA CONCELLERÍA DE CULTURA PREVISTAS PARA ESTE VERÁN
A Concellería de Cultura de Lourenzá organiza para a vindeira ponte festiva dúas actuacións musicais coa Banda Migallas e Zenith Cello Dúo. Estes concertos terán lugar o sábado 23 de xullo e o luns 25.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “seguindo coa programación cultural que temos para o verán desde a Consellería de Cultura de Lourenzá temos unhas actividades previstas para os próximos días”.