Novas

O TORREÓN DE VILANOVA ACOLLERÁ CLASES DE ESO PARA ADULTOS E TAMÉN PARA PREPARAR O EXAME DE COMPETENCIAS CLAVE N_2 DA CONVOCATORIA DE 2017

O Torreón de Vilanova de Lourenzá acollerá clases de ESO para adultos e tamén para preparar o exame de Competencias Clave N_2 da convocatoria do vindeiro ano 2017.

En canto ás clases de ESO destinadas a adultos no curso 2016-2017 para obter o título oficial da Xunta de Galicia, o horario será de tarde-noite para os que traballan e comezarán o 17 de outubro, luns.

E para a preparación do exame de Competencias Clave N_2 na convocatoria de 2017 as clases empezarán o 18 de outubro, martes.

UNHA UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ NO MERCADO COMARCAL GANDEIRO DO 20 AO 23 DESTE MES

Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase a Lourenzá do 20 a 23 deste mes. Deuno a coñecer a través dun bando a alcaldesa, Rocío López García.

A rexedora explica que a unidade móbil situarase no mercado comarcal gandeiro de Lourenzá desde o vindeiro martes, día 20, ata o venres 23. Os días 20, 21 e 22 estará en horario de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas e o día 23 atenderá só pola mañá.