Novas

A ALCALDESA ACLARA QUE O SOLDO QUE PERCIBIRÁ O SEGUNDO TENENTE DE ALCALDE CÓBRESE COA BAIXADA DE SALARIO DA ACTUAL REXEDORA RESPECTO AO DA ANTERIOR, REDUCIÓN QUE XA SE APLICOU AO INICIO DESTE MANDATO

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, aclarou esta mañá que o soldo que percibirá o segundo tenente de alcalde pola súa dedicación parcial, de 400 euros brutos ao mes, cóbrese coa redución de salario da actual rexedora respecto ao que tiña a anterior alcaldesa, baixada que xa se aplicou ao inicio do actual mandato municipal. Dende ese momento o Concello tamén aforra a totalidade do soldo que cobraba o tenente de alcalde do anterior goberno local.

O PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL TRATARÁ MAÑÁ, MARTES, A DEDICACIÓN PARCIAL PARA A 2ª TENENCIA DE ALCALDÍA E CONCELLERÍA DE OBRAS, URBANISMO, INFRAESTRUTURAS E TRÁFICO

A corporación municipal de Lourenzá celebrará un pleno ordinario mañá, martes, día 31, ás 20:30 horas. Nesta sesión tratarase unha proposta da Alcaldía para o recoñecemento da dedicación parcial da segunda tenencia de alcaldía, que se ocupa das delegacións de Obras, Urbanismo, Infraestruturas e Tráfico.

REPRESENTANTES DA JEFATURA PROVINCIAL DE TRÁFICO DARÁN UNHA CHARLA SOBRE SEGURIDADE VIARIA MAÑÁ, XOVES, NO SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL. NO ACTO REPARTIRANSE CHALECOS REFLECTORES ENTRE OS ASISTENTES

Representantes da Jefatura Provincial de Tráfico de Lugo darán unha charla sobre seguridade viaria mañá, xoves, día 19, ás sete da tarde no salón de actos municipal. No acto repartiranse chalecos reflectores entre os asistentes.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anunciou que na charla tratarase sobre a seguridade viaria en xeral, pero un dos asuntos no que se vai incidir e nos atropelos a peóns. Tamén se falará da Unidad de Víctimas de Accidentes de Tráfico (UVAT).