A VILA DE NADAL DE LOURENZÁ É ESTE ANO MÁIS GRANDE E INCLÚE VARIAS NOVIDADES. ADEMAIS O CONCELLO AUMENTOU A DECORACIÓN NAS PARROQUIAS

A Vila de Nadal de Vilanova de Lourenzá é este ano máis grande e inclúe varias novidades. Ademais o Concello aumentou a decoración nas parroquias de Santo Adrao, Santo Tomé e San Xurxo.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, explica que a Vila de Nadal “empezou no 2016, cando xurdiu a idea de facer unha decoración navideña con material reciclado. A partir dese momento foise creando cada ano algunha cousiña nova e innovando ata chegar a todo o que hoxe temos aí. Ao principio eran poucas cousas e agora xa se nos queda a praza pequena e temos que ir estendéndoa a outras zonas. Nesta edición seguimos avanzando no tema dos oficios e puxemos un barbeiro e unha biblioteca. Outra das novidades é un tiovivo, para aumentar a escena que vén a representar unha festa; xa tíñamos unhas lanchiñas, uns músicos e agora fixemos ese carrusel. Tamén incluímos un leiteiro que está nunha bicicleta cos cántaros do leite, como antigamente. Outra novidade é que puxemos no quiosco a aldea dos gnomos”.

De populariteit van online winkelen voor gezondheidsproducten is de afgelopen jaren enorm toegenomen vanwege het grote gemak. Het biedt u de kans om op uw eigen tempo informatie te lezen en een weloverwogen beslissing te nemen over uw behandeling. Onze service is specifiek ontworpen om aan de behoeften van de moderne man te voldoen, met een focus op snelheid en betrouwbaarheid. U kunt direct Cialis online bestellen in Nederland en rekenen op een vlotte afhandeling van uw transactie door ons team. Wij zorgen ervoor dat u uw producten snel in huis heeft, zodat u weer zorgeloos kunt genieten van uw intieme leven.

A rexedora municipal destaca que para Lourenzá “supón un reclamo turísticos nestas datas, sobre todo durante o Nadal, cando non hai tanto visitante como noutras épocas do ano. Pero agora xa é algo recoñecido, a xente sabe que está aí e cada ano son máis as persoas, sobre todo familias con nenos, que se achegan a visitalo. Xa veñen coa ilusión de ver que cousas novas hai este ano e os nenos son os que máis se acordan de todo o que hai porque ademais son os que identifican as novidades de cada edición”

A alcaldesa destaca “o traballo, o esforzo e a colaboración que hai detrás de todo isto. Unha vez que está colocado vese moi bonito, pero é un labor que leva moito tempo facelo, que se realiza nas naves do Concello; desde que remata a Festa da Faba, que é a primeira fin de semana de outubro, xa nos poñemos a traballar. Entre a xente que colabora estamos os concelleiros e eu mesma, que pintamos, cortamos e todo; tamén participan empregados municipais e algún veciño que nos vén axudar. Hai detrás disto moito traballo, non só para a montaxe de todo o que se ve senón tamén para a elaboración de todas as pezas”.

Rocío López anima a todos a que veñan visitalo, aínda que xa o viran outros anos, porque “nesta edición quixemos darlle un cambio a todo para facelo diferente. Entón aínda que moitas pezas son de anos anteriores están colocadas de xeito distinto, co cal cando a xente chega aquí ten a percepción de que está diferente. Dinnos que a situación deste ano é moito máis acolledora, está todo máis disperso”.

A Vila de Nadal poderá visitarse en Vilanova de Lourenzá ata o día 11 de xaneiro.

Seksuaaliterveyden hoitaminen on nyt vaivattomampaa kuin koskaan, ja voit Osta Cialis netistä suoraan omalta kotisohvaltasi. Tadalafiiliin perustuva valmiste on tunnettu pitkäkestoisesta vaikutuksestaan, joka voi kestää jopa 36 tuntia, tuoden luonnollista vapautta intiimeihin hetkiin. Verkkopalvelumme takaa täyden anonyymiyssuojan ja huomaamattoman toimituksen ilman kiusallisia apteekkikäyntejä. Nettiapteekki24 on luotettava kumppanisi, joka tarjoaa vain laadukkaita tuotteita ja nopean toimituksen suoraan kotiovellesi kaikkialle Pohjoismaihin.

Ademais Concello de Lourenzá ampliou a decoración de Nadal ás parroquias, “o que é difícil porque hai moita extensión, pero intentamos que teñan tamén algo. E neste ano instalouse en cada parroquia -Santo Adrao, Santo Tomé e San Xurxo- unha decoración con iluminación que representa uns agasallos. E ademais na entrada do pobo puxemos o trineo de Papá Noel”, rematou a alcaldesa.