Novas

Novas do Concello

RAPACES LAURENTINOS VISITARON A CARPA XPLORA, SITUADA NA PRAZA DO CONDE SANTO, PARA INFORMARSE SOBRE PLAN DE EMPREGO XUVENIL DA XUNTA

Rapaces do municipio de Lourenzá visitaron a carpa Xplora, que estivo situada na praza do Conde Santo, para informarse sobre o plan de emprego xuvenil da Xunta de Galicia e tamén das distintas propostas que dende a Dirección Xeral de Xuventude poñen en marcha para que os mozos leven adiante proxectos sociais dinamizadores e de voluntariado. Así o explicou a alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, quen ademais comentou que “tamén se interesaron polas axudas da Xunta destinadas a mozos para mobilización exterior”.

ENTREGADOS OS PREMIOS AOS GALARDONADOS NO CERTAME DE DEBUXO E NARRACIÓN LETRAS GALEGAS 2014 DA BIBLIOTECA MUNICIPAL JUANA DE IBARBOUROU

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao; a concelleira de Cultura e Educación, Lupe Flórez Seivane; e a bibliotecaria, María José López Noceda, entregaron os diplomas e agasallos aos nenos e nenas premiados no certame de debuxo e narración convocado para conmemorar o Día das Letras Galegas pola biblioteca pública municipal Juana de Ibarbourou.
Os seleccionados nesta convocatoria local pasan á fase provincial do certame. Son os seguintes:

GAÑADORES CERTAME Letras Galegas 2014
Temática: “Cociñando contos”

Distribuir contido