UNHAS 200 PERSOAS PARTICIPARON NA PRIMEIRA XUNTANZA CAMPESIÑA CELEBRADA O PASADO SÁBADO EN TOVAR
A primeira Xuntanza Campesiña celebrada este pasado sábado en Tovar contou coa participación dunhas 200 persoas.
A primeira Xuntanza Campesiña celebrada este pasado sábado en Tovar contou coa participación dunhas 200 persoas.
Os maiores e o persoal do Centro de Día de Lourenzá gozaron dunha visita guiada polo interior do Pazo de Tovar, que está en Canedo, na parroquia laurentina de Santo Tomé. Posteriormente foron convidados polo Concello a unha merenda.
Nesta excursión os usuarios do Centro de Día de Lourenzá estiveron acompañados por familiares, que se achegaron ao Pazo de Tovar para compartir esta xornada en conmemoración do Día da Familia.
A esta actividade acudiu tamén a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López.
8 atletas do Maderas Barcia Lourenzá representarannos o vindeiro domingo nas pistas de A Malata(Ferrol) no Campionato Autonómico ó Aire Libre
Os elexidos:
Ainhoa López. Estará nos 100 valados e no triple salto. En 100 parte coa 12ª mellor marca e en triple coa 17ª.
Ainara Rguez. Representaranos no 100 lisos na que estará coa 7ª mellor marca da temporada e nos 300 lisos coa 3ª mellor marca do ano.
As clases de pádel na pista municipal de Lourenzá comezan mañá, xoves, día 1 de xuño. Anunciouno hoxe o concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva, quen explicou que serán impartidas polo monitor titulado Héctor López e para reservar praza ou facer calquera consulta ao respecto os interesados poden chamar ao teléfono 617.45.00.96.
O equipo composto por Marina Rubal, Adriana Polo, Adriana Glez., María Sánchez, Nerea Álvarez, Diana Lastra, Carmen García, Lara Recalde e Claudia Carril e dirixidas maxistralmente por Tania Irimia lograban o subcampionato provincial de patinaxe o pasado domingo en Xove.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, entregos os premios da segunda edición do campionato de parchís organizado polo Concello, no que participaron sete parellas.
O primeiro premio foi para Berta Lagarón e María Antonia López e como subcampioas quedaron Mari Carmen Vila e Natividad Rivas.
Os premios consistiron en trofeos do Concello de Lourenzá e agasallos das firmas colaboradoras, que foron as adegas Valdamor e Gran Bazán.
Excelentes resultados de novo das balas nunha nova proba popular, a Carreira das Praias de Barreiros, proba singular e de gran beleza na que estivemos presentes o pasado domingo.
Benxamin Feminino:
1- Adriana Rebolo / 2- Andrea García / 3- Emma García.
Alevín Feminino:
1- Noa Valiño / 2- Aroa Glez. / 3- Cecilia Gómez.
Alevín Masculino
3- Hugo López.
Infantil Feminino:
1- Carme Alonso / 2- Mariña Salvatierra / 3- Iria Otero 4- Uxía Salvatierra 5- Marta Alonso
Infantil Masculino:
2- Samuel Debasa
Lourenzá, 21 de maio de 2017. A terceira edición do evento Todos a Tovar, que será primeira xuntanza campesiña, celebrarase o día 3 de xuño, sábado, a partir das cinco da tarde. Foi presentado pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; concelleiros e representantes de asociacións do municipio.
A Delegación Municipal de Deportes organiza a primeira Milla Popular Concello de Lourenzá, que se celebrará o día 29 de xullo, sábado.
Anunciouno hoxe o concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva, quen explicou: “contaremos coa colaboración das dúas entidades deportivas que temos na vila en materia de atletismo: o Club Atletismo Lourenzá e as Escolas Deportivas Lourenzá; así como de Protección Civil, para o bo desenvolvemento da proba”.